InicioSociedadeEnfado na parroquia de Valadares polas fochancas tras seis meses sen arranxarse...

Enfado na parroquia de Valadares polas fochancas tras seis meses sen arranxarse a estrada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Veciños da parroquia viguesa de Valadares levan meses protestando polas fochancas que hai nas súas estradas, sen que ningunha administración fixese nada, polo momento, para arranxalos.

En concreto, veciños da zona das Barrocas, en Valadares, lamentaron que, tras seis meses de reclamacións, non se levaron a cabo os traballos necesarios para pór fin a esta situación. Eles aseguraron que foron varios os que picaron as súas rodas nas fochancas, de gran profundidade.

Tras varias reclamacións e denuncias, urxiron ao Concello que se axilice o arranxo.”O único que nos queda é plantar unha árbore, que as fochancas que hai dan para iso”, lamentaron, criticando o “mal estado” da estrada das Barrocas e as consecuencias no seu día a día. A pesar de tratarse dunha vía rural da parroquia, son moitos os que cada día teñen que circular por ela, o que xera mal estar entre a poboación de Valladares.

ÚLTIMAS

Comeza O Marisquiño este xoves co seu ‘family day’ e os primeiros adestramentos nas pistas de Samil

O festival da cultura urbana O Marisquiño dá o seu pistoletazo de saída este...

Caballero reafírmase en que a Xunta “paralizou o túnel de Elduayen tres anos” e Ortiz responde que mente

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este mércores en que a Xunta de...

A Xunta pide a Caballero que “deixe de mentir” e se poña a traballar para avanzar co túnel de Elduayen

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, pediu ao alcalde, Abel Caballero, que...

Oitava edición do Mercado de Arte e Ilustración MONA en Vigo

A VIII edición do Mercado MONA de Arte e Ilustración celebrarase este fin de...