InicioVigo e contornaVigoA Xunta acusa a Abel Caballero de "manipular" á opinión pública en...

A Xunta acusa a Abel Caballero de “manipular” á opinión pública en relación a proxectos autonómicos en Vigo

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cargou contra o rexedor olívico, despois de que este último volvese criticar á Xunta, asegurando que puxo " dificultades" nas obras da Avenida de Galicia, en Teis

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, acusou ao alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, de tratar de “manipular” á opinión pública, e pediulle que “desbloquee” os proxectos que o Executivo autonómico planea para a urbe.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, Ortiz cargou contra o rexedor olívico, despois de que este último volvese criticar á Xunta, asegurando que puxo ” dificultades” nas obras da Avenida de Galicia, en Teis.

“Sorprende, como pouco, que o único alcalde de Galicia que boicotea os investimentos da Xunta na súa cidade, diga agora que pomos problemas para realizar unha obra. Tentou bloquear tamén as obras na Avenida de Galicia, negouse a colaborar con Infraestruturas e agora, cando ve que a pesar de todo foi un éxito, tenta manipular á opinión pública”, criticou Ortiz, tachando de “lamentable” a actitude de Abel Caballero.

Por iso, pediu ao rexedor que “desbloquee” investimentos autonómicos planeadas para Vigo e que depende de xestións que ten que realizar o Concello, como a residencia de maiores da ETEA, a pista de atletismo ou a sinalización de camiño de Santiago.

Respecto diso desta última, cabe lembrar que o Executivo autonómico tratou en 2019 de sinalizar o Camiño en Vigo, como no resto de Galicia, pero o Concello vigués impediuno, sen dar maiores explicacións. No seu día, Caballero prometeu que Vigo tería a súa propia sinalización. Pasaron xa seis anos e esta promesa aínda non se levou a cabo, con centenares de peregrinos sen saber que rumbo seguir cando chegan á cidade.

CRÍTICAS DE CABALLERO

Estas palabras de Ortiz chegan tras un audio difundido aos medios de comunicación no que Abel Caballero critica a humanización levada a cabo pola Xunta na Avenida de Galicia, ao non realizar o “saneamento e o abastecemento” e só facer “o que se ve na superficie”.

O rexedor dixo que a Xunta pon ao Concello “mil problemas” para acometer eles estas melloras.

 

 

 

 

ÚLTIMAS

Foanpas entrega 7.000 firmas no Parlamento para esixir o fin das aulas segregadas en Galicia

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais (Foanpas) deu este luns un...

Conexións suspendidas e cambios de frecuencia na ría de Vigo polo temporal

As malas condicións meteorolóxicas, con aviso laranxa activado en todo o litoral, e aviso...

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público a tres colectivos da UVigo

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público dos...