InicioEconomíaDenuncian "represión laboral e sindical" en Ilunion contra os traballadores do sector...

Denuncian “represión laboral e sindical” en Ilunion contra os traballadores do sector da automoción

PUBLICADO O

- Advertisement -

Delegados e delegadas da CIG concentráronse este mércores ás portas da planta de Stellantis en Vigo para denunciar “represión sindical e laboral” por parte de Ilunion, o centro especial de emprego do ONCE cuxo persoal traballa no sector da automoción.

O sindicato convocou esta protesta para denunciar que representantes dos traballadores e os propios operarios están a ser “perseguidos” en resposta a unha campaña posta en marcha para reclamar melloras nas súas condicións e para denunciar a “explotación” dos empregados, incumprindo o seu obxectivo, que é a inclusión laboral de persoas con discapacidade.

A CIG denunciou que 6 dos seus 11 representantes en Ilunion foron sancionados ou reprendidos nos últimos meses. Así, entre o último semestre de 2023 e o que vai de 2024 foron sancionados dous delegados por faltas graves e outros dous por faltas moi graves, aos que se engaden outro catro advertencias de sanción “con acusacións falsas” no último mes.

A central nacionalista enmarcou esta forma de actuar nunha “política de amedrentamiento” por parte de Ilunion, contra representantes de traballadores que “reivindican dereitos e denuncian unhas condicións de traballo lamentables”.

Ademais, sinalaron que esta actuación “coincide co favorecimiento a outra organización sindical próxima á dirección da empresa” e mesmo denunciaron que os traballadores son “acosados” para que se afilien a outro sindicato se queren renovar o contrato ou converterse en indefinidos.

ÚLTIMAS

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...