InicioEconomíaStellantis Vigo amplía o seu parón e permanecerá sen actividade o mércores...

Stellantis Vigo amplía o seu parón e permanecerá sen actividade o mércores 27 de marzo

A empresa volveu a xustificar esta situación por "causas de forza maior".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis ampliou o parón previsto para a semana que vén e permanecerá sen actividade o vindeiro mércores, 27 de marzo.

Tras informar onte aos seus traballadores de que o seu Sistema 1, onde se ensamblan os Peugeot 2008, estará inactivo o luns, martes e mércores da semana que vén, 25, 26 e 27 de marzo, xusto o tres días antes dos festivos de Semana Santa; agora a compañía avisa de que o mércores tampouco operará o Sistema 2, que monta as furgonetas das distintas marcas do grupo. Desta maneira, a factoría permanecerá sen actividade ese mércores.

A empresa volveu a xustificar esta situación por “causas de forza maior”, debido a “problemas de aprovisionamento”, asegurando, ademais, que a actividade se retomará o luns, 1 de abril, na quenda das 06.00 horas.

Desta maneira, unha vez máis Stellantis Vigo vese obrigada a parar por problemas loxísticos. Esta semana, a compañía tamén detivo parte da súa produción por falta de pezas, do mesmo xeito que ocorreu en reiteradas ocasións durante os últimos anos, cando se viu afectada pola crise dos microchips.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...