InicioSociedadeA rotura dunha tubaxe de auga no centro de saúde de Baiona...

A rotura dunha tubaxe de auga no centro de saúde de Baiona provoca inundacións na zona de atención primaria

O Sergas prevé que o centro retome o seu funcionamento con normalidade a partir das 12,30 horas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A rotura dunha tubaxe no centro de saúde de Baiona provocou esta mañá unha importante inundación na planta que alberga os servizos de atención primaria, onde se chegaron a alcanzar ata dez centímetros de acumulación de auga.

O problema iniciouse ás 08,30 no sistema de canalización de auga do centro, segundo confirmaron a Europa Press fontes do Servizo Galego de Saúde, que prevén que poida retomarse a normalidade no ambulatorio a partir das 12,30 horas.

A incidencia obrigou a deixar sen funcionamento o centro de saúde nas zonas afectadas pola inundación e a derivar as urxencias ao hospital Álvaro Cunqueiro e Povisa.

Os servizos técnicos repararon a rotura do latiguillo que causou o problema e desde as 11,00 horas trabállase cunha bomba de achique para retirar a auga co obxectivo de que o centro volva estar plenamente operativo desde as 12,30 horas.

ÚLTIMAS

Foanpas entrega 7.000 firmas no Parlamento para esixir o fin das aulas segregadas en Galicia

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais (Foanpas) deu este luns un...

Conexións suspendidas e cambios de frecuencia na ría de Vigo polo temporal

As malas condicións meteorolóxicas, con aviso laranxa activado en todo o litoral, e aviso...

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público a tres colectivos da UVigo

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público dos...