InicioSociedadeVigo entregará o próximo 26 de marzo a Medalla de Ouro da...

Vigo entregará o próximo 26 de marzo a Medalla de Ouro da cidade á Policía Nacional e a Povisa

As entidades educativas que este ano pasarán a formar parte da longa lista de Vigueses Distinguidos son o IES A Guía, o CEIP Lope de Veiga e o colexio Quiñones de León

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o próximo 26 de marzo será o acto de entrega dos Vigueses Distinguidos e das Medallas de Ouro da cidade, as cales irán parar este ano á Policía Nacional e a Povisa.

Nun arquivo de audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor olívico deu a coñecer as entidades que serán galardoadas este 2024, nun acto no que o Valedor do cidadán, Luís Espada, será o encargado de ler o bando.

Ademais, as entidades educativas que este ano pasarán a formar parte da longa lista de Vigueses Distinguidos son o IES A Guía, o CEIP Lope de Veiga e o colexio Quiñones de León, todos eles con máis de 50 anos na cidade.

Pola súa banda, o proxecto musical e pedagóxico Son das Flores tamén será elixido como Vigués Distinguido. Tal como indicou Caballero, trátase dunha proposta do PP que será apoiada polos socialistas, xa que a orquestra, creada no colexio Vicente Risco de Teis, usa a música como ferramenta de inclusión duns 40 estudantes de entre 6 e 12 anos.

No ámbito deportivo, o club de baloncesto Seis do Nadal; o Celta Atletismo, que cumpre 100 anos, e o Club Deportivo Coya, serán outros dos galardoados o próximo 26 de marzo.

ÚLTIMAS

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...

O Porto de Vigo prevé superar os 310.000 cruceiristas en 2027 tras consolidar as súas escalas en Miami

O Porto de Vigo pechou o exercicio de 2025 con 125 escalas de cruceiros...

O BNG esixe o fin da licitación do bus en Vigo para evitar pagar “un 90 % máis polo mesmo”

O grupo municipal do BNG volveu a reclamar este xoves que se desista do...

Escotet alerta sobre o impacto da guerra de Oriente Medio na economía galega

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, reiterou o compromiso da entidade co tecido...