InicioVigo e contornaO PorriñoUn condutor triplicaba a taxa de alcoholemia e levaba tres menores no...

Un condutor triplicaba a taxa de alcoholemia e levaba tres menores no coche no Porriño

Foi denunciado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local do Porriño interceptou a un condutor de 34 anos de idade, que foi denunciado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, e que circulaba cunha taxa de alcoholemia que superaba o triplo da máxima permitida, levando ademais a tres menores no seu vehículo.

Segundo informaron fontes municipais do Porriño, os feitos ocorreron na madrugada deste domingo, cando axentes de Policía Local deron o alto ao vehículo nun control preventivo, na Avenida de Buenos Aires. Ao realizarlle a proba de alcoholemia, o condutor arroxou un resultado positivo de 0,81 mg/l.

Os axentes comprobaron que o home levaba no interior a tres menores, e procederon á inmovilización do vehículo. Así mesmo, a Policía Local deu conta do sucedido á Fiscalía de Menores e aos servizos sociais municipais do concello de procedencia dos implicados.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...