InicioSociedadeMorre en Vigo o escritor e profesor Alfonso Álvarez Cáccamo

Morre en Vigo o escritor e profesor Alfonso Álvarez Cáccamo

Faleceu este luns aos 71 anos no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde permanecía ingresado desde hai semanas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O escritor e profesor Alfonso Álvarez Cáccamo faleceu este luns aos 71 anos no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde permanecía ingresado desde hai semanas. Nado en Vigo en 1952 e fillo do tamén escritor Xosé María Álvarez Blázquez, exerceu como profesor no colexio de Panxón, en Nigrán, ata a súa xubilación fai máis de dez anos.

Álvarez Cáccamo desenvolveu unha ampla traxectoria literaria con obras en ámbitos como a narrativa, poesía, relatos e ensaios, ademais de colaborar en prensa escrita no diarios Faro de Vigo e Nosa Terra.

En 1988 gañou o Premio Café de Catro a Catro de Novela por ‘Peito de vimbio’ e dous anos despois venceu o Premio Xerais de Novela con ‘As tiroteas de Eduardo Reinoso’. Tamén gañou en 1993 o Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa con ‘Xente de mala morte’.

En redes sociais, o seu irmán e tamén escritor Celso Álvarez Cáccamo agradeceu as condolencias trasladadas por usuarios e personalidades, entre elas, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...