InicioEconomíaEmpregados de Vitrasa reúnense venres para decidir un posible fin da folga,...

Empregados de Vitrasa reúnense venres para decidir un posible fin da folga, entre outras cuestións

Entre as opcións atópase, seguir coa folga, suspendela, volver aos paros parciais ou aceptar a proposta da empresa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte urbano do Concello de Vigo, convocou para o vindeiro venres, día 8 de marzo, unha asemblea de traballadores para decidir sobre os próximos pasos a seguir, incluíndo unha posible suspensión da folga indefinida, que comezou a finais de novembro do ano pasado.

Segundo fontes do comité consultadas por Europa Press, será o venres en dúas convocatorias distintas, unha de mañá e outra de tarde, cando os empregados se reúnan para decidir que facer. Entre as opcións atópase, seguir coa folga, suspendela, volver aos paros parciais ou aceptar a proposta da empresa.

Os traballadores de Vitrasa levan anos protestando pola situación laboral que viven, debido a que o convenio colectivo caducou fai xa tres anos, manténdoselles o soldo conxelado desde esa data, Entre as opcións atópase, seguir coa folga, suspendela, volver aos paros parciais ou aceptar a proposta da empresa. Nas últimas semanas intensificáronse as reunies de mediación entre o comité e a dirección da firma, sen que se alcanzou ningún acordo para desbloquear a situación.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...