InicioSucesosA Policía detén un matrimonio italiano dentro dunha investigación europea sobre a...

A Policía detén un matrimonio italiano dentro dunha investigación europea sobre a mafia

O xulgado de instrución de Vigo encargouse de executar a Orde Europea de Investigación e de coordinar os rexistros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo este xoves a dúas persoas en Vigo, en execución dunha orde europea de detención, e no marco dun operativo simultáneo realizado en Italia, España e Portugal, sobre unha organización vinculada coa Cousa Nostra (a mafia italiana), polos presuntos delitos de falsidade documental, fraude fiscal, branqueo de capitais e integración en organización criminal.

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), as persoas detidas foron posta a disposición da Audiencia Nacional, para resolver a Orde Europea de Detención tramitada por Italia, e compareceron por videoconferencia desde o xulgado de instrución 4 de Vigo, en funcións de garda. O xulgado central de Instrución número 2 acordou o seu ingreso en prisión.

Ademais, esta mañá realizáronse varias entradas e rexistros, dous delas en Vigo, e tamén en Barcelona. O xulgado de instrución de Vigo encargouse de executar a Orde Europea de Investigación e de coordinar os rexistros.

Fontes coñecedoras da investigación confirmaron a Europa Press que os dous detidos son un matrimonio de nacionalidade italiana, que vivían nun domicilio dunha rúa céntrica de Vigo, xunto a un neno menor de idade e outro familiar. As mesmas fontes explicaron que, no rexistro do domicilio, interviñéronse uns 100.000 euros; e que o matrimonio, que ten antecedentes, non ofreceu resistencia no momento do arresto.

ÚLTIMAS