InicioSucesosConfirmada a condena para unha policía e o seu marido por usar...

Confirmada a condena para unha policía e o seu marido por usar datos confidenciais contra un opositor en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena a tres anos e medio de prisión para unha funcionaria do Corpo Nacional de Policía e o seu marido, bombeiro xubilado, por acceder a información confidencial dun opositor a bombeiro en Vigo co fin de prexudicalo.

Faino tras rexeitar os recursos presentados ante o alto tribunal galego por ambas as partes e tras o fallo ditado pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

A sentenza, ratificada polo TSXG, considerou acreditado que o home induciu á súa esposa a acceder á base de datos policial ARGOS para obter información confidencial dun opositor a bombeiro, algo que a muller fixo.

A axente accedeu a eses datos en decembro de 2018 e trasladoullos ao seu marido, “sendo consciente de que non podía transmitir a información obtida”.

Para o tribunal, “non hai ningunha dúbida” de que a acusada “accedeu a datos que non eran accesibles a calquera, cunha finalidade meramente particular e dotada dunha clara orientación de solicitar información achega do afectado para prexudicalo“.

“Sen que a consulta gardase relación co desempeño das súas funcións como policía, carecendo de fundamento legal dita inxerencia e desbordando os límites da súa función como axente”.

O mesmo día en que a súa muller lle facilitou a información, o acusado contactou cun axente de Policía Nacional que coñece, ao que enviou varias mensaxes onde lle dicía que tiña “unha información importante” para “coordinar unha pequena operación coa Garda Civil”.

Así mesmo, trasladáballe que un opositor estivera implicado nun proceso por tráfico de drogas en 2017 e que neses momentos estaba requirido por un xulgado de Cangas, pero atopábase en paradoiro descoñecido.

ÚLTIMAS

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...

O Sergas nega o colapso das Urxencias en Vigo e asegura que a atención está garantida

O Sergas saíu ao paso das denuncias do persoal e do alcalde de Vigo...