InicioEconomíaSen acordo no último encontro entre Vitrasa e comité de empresa que...

Sen acordo no último encontro entre Vitrasa e comité de empresa que se encontrarán o vindeiro venres

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concesionaria municipal do transporte urbano do Concello de Vigo, Vitrasa, e o comité de empresa finalizaron un novo encontro de mediación sen acordo, polo que se emprazaron a seguir negociando o vindeiro venres, día 9 de febreiro.

Segundo informou o presidente do comité, Imanol Arnoso, unha vez máis a reunión deste martes finalizou sen alcanzar un pacto para suspender a folga.

Tal como explicou, a dirección de Vitrasa rexeitou a proposta dos representantes dos traballadores dunha subida do 3% do IPC para os anos 2021 e 2022, polo que a firma prometeu que fará unha oferta o venres.

Todo iso despois de que este pasado luns levase a cabo un encontro de mediación que finalizou con posturas “moi afastadas”, polo que se retomou este martes, co obxectivo de pór fin a unha folga indefinida que comezou a finais de novembro.

Foi a semana pasada cando Vitrasa aceptou de novo esta figura dun mediador que axude a solucionar a situación. Unha vez máis, como xa ocorreu a finais do ano pasado, é unha inspectora de traballo a encargada de intermediar entre empresa e empregados.

Os traballadores de Vitrasa levan anos protestando pola situación laboral que viven, debido a que o convenio colectivo caducou fai xa tres anos, manténdoselles o soldo conxelado desde esa data, pese ao incremento do prezo da vida tras a pandemia e da propia subida dos billetes de bus.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...