InicioEconomíaO Porto de Vigo pechou 2023 cun aumento do 2,8 % nos...

O Porto de Vigo pechou 2023 cun aumento do 2,8 % nos seus tráficos, “o mellor dato dos últimos 15 anos”

Tamén logrou un beneficio duns 3 millóns de euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo pechou o ano 2023 con cifras marca de movemento de mercadorías, alcanzando un total de 4,8 millóns de toneladas, o que supón un incremento do 2,8 %, e “o mellor dato dos últimos 15 anos”, segundo explicou en rolda de prensa o seu presidente, Carlos Botana.

Os automóbiles están entre os tráficos que máis subiron, cun total de 653.697 vehículos e unha subida do 42 %; ademais doutras mercadorías importantes para a terminal viguesa, como a froita, que experimentou un aumento do 28,6 %; ou a maquinaria, cunha subida do 18,6 %. No lado negativa, a pesca fresca baixou un 5,54 % ata as 32.126 toneladas, e a pesca conxelada retrocedeu un 9,2 %, ata as 564.005 toneladas.

O 2023 foi bo tamén para o tráfico de colectores, que se mantivo en niveis similares aos do ano anterior, con algo mais de 226.000 TEUs; e tamén creceu lixeiramente o movemento de cruceiros e cruceristas, con 99 buques ao longo de ano, e un total de 223.754 pasaxeiros.

No ámbito financeiro, o Porto de Vigo pechou 2023 (a falta dalgúns flocos con rematar) cun beneficio de 3 millóns de euros, o que permitirá afrontar novos investimentos ao longo do actual exercicio.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...