InicioSociedadeO PP de Vigo a Besteiro: "Ofrécese a recoller aos viaxeiros, pero...

O PP de Vigo a Besteiro: “Ofrécese a recoller aos viaxeiros, pero non se encarga dos que Caballero deixa “tirados”

Piden a súa opinión sobre o conflito laboral na empresa concesionaria do bus urbano da cidade (Vitrasa).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo cuestionou ao candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, acerca da súa opinión sobre o conflito laboral na empresa concesionaria do bus urbano da cidade (Vitrasa) e ironizou en alusión ao vídeo publicado polo candidato, preguntando se tamén recollerá en bus aos traballadores da concesionaria e aos usuarios vigueses, aos que o alcalde, Abel Caballero, “deixa tirados” ao “mirar para outro lado” ante este problema.

Así o trasladou a presidenta do partido, Marta Fernández Tapias, que mantivo un encontro con membros do comité de empresa da concesionaria, no que tamén estiveron candidatos do PP ás eleccións autonómicas e concelleiras.

Fernández-Tapias constatou que o conflito segue vixente, sen novidade, e con gran repercusión para os usuarios e para o propio persoal, que leva dous meses en folga indefinida. Segundo reiterou, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, debería “intermediar” para pór fin a esta situación nun servizo público básico, como é o transporte urbano.

“Gustaríame saber que pensa Besteiro deste conflito, ofrécese a recoller aos viaxeiros tirados, pero non se encarga de recoller aos vigueses que deixa tirados Abel Caballero”, sinalou Tapias, en alusión ao vídeo no que pode verse ao candidato socialista recollendo a pasaxeiros do bus de Alfonso Rueda, despois de picar sen ter ‘roda de recambio’.

Pola súa banda, o presidente do comité de Vitrasa, Imanol Arnoso (CIG), agradeceu o apoio do PP aos traballadores, e confirmou que, ata o momento, “tristemente” seguen sen noticias da empresa nin avances de face á resolución do conflito. “Están moi cómodos con esta situación, o que pretenden é que desapareza a folga porque si, pero non hai ningunha novidade”, sinalou.

 

 

 

 

 

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...