InicioEconomíaOs sindicatos piden reunirse coa dirección de Wofco para coñecer as súas...

Os sindicatos piden reunirse coa dirección de Wofco para coñecer as súas intencións e proxectos futuros para Fandicosta

PUBLICADO O

- Advertisement -

Responsables das federacións de industria e alimentación dos sindicatos CC.OO. UGT e CIG dirixíronse á dirección de WOFCO, nova dona de Fandicosta, para coñecer os pormenores da operación de adquisición e os proxectos e intencións futuras con respecto a esta empresa. Así, as centrais remitiron un escrito aos CEO da pesqueira viguesa solicitando un encontro, no que tamén participe o comité de empresa de Fandicosta, “á vista da relevencia deste proceso para as persoas traballadoras e a estabilidade laboral”.

Os sindicatos consideran “de suma importancia” poder “intercambiar información” e discutir eses proxectos futuros, así como “abordar calquera inquietude ou pregunta” por parte dos representantes dos traballadores. “Estamos seguros de que este diálogo facilitará unha comprensión mutua e contribuirá a un procesotransparente e xusto”, sinalaron desde CC.OO., CIG e UGT.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...