InicioSociedadeCondenado a pena de multa un chofer de bus escolar xulgado en...

Condenado a pena de multa un chofer de bus escolar xulgado en Vigo por acoso sexual a unha acompañante de ruta

Tamén a deberá indemnizar con máis de 10.800 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Penal número 3 Vigo ditou sentenza pola que condena a un condutor de bus escolar á pena de 1.800 euros de multa, por acosar sexualmente a unha acompañante da ruta, á que deberá indemnizar en máis de 10.800 euros.

Os feitos ocorreron entre xaneiro e marzo de 2022, cando o chofer e a vítima coincidiron na mesma ruta de transporte escolar. A xuíza considera probado que o procesado acosou sexualmente á acompañante, dirixíndose a ela con comentarios e preguntas de índole sexual, chegando mesmo a ofrecerlle diñeiro a cambio de ter relacións ou a chamala para proporlle quedar fose do horario laboral.

A maxistrada dá crédito ao relato da prexudicada, que puxo os feitos en coñecemento da empresa de transporte, de maneira que a cambiaron de ruta e apartaron do servizo ao condutor. Para a xuíza, as expresións proferidas polo acusado, aínda que este negou que fosen de índole sexual e sinalou que fora “malinterpretado, encahan de forma inequívoca no delito de acoso sexual.

Na súa sentenza, sinala que ese tipo de expresións (“debes haber follado porque traes cara máis alegre”, “gustaríame que unha tía de bandeira como ti coméseme ben a polla”, ou “eu pódoche facer a vida máis fácil porque pódoche dar diñeiro”, entre outras frases) foron proferidas polo acusado de forma persistente e reiterada, a pesar de que a vítima lle manifestou en varias ocasións que lle molestaba.

Por todo iso, condénao a pagar unha multa de 1.800 euros por acoso sexual, e prohíbelle que se achegar ou comunique coa prexudicada por un tempo dun ano e 3 meses. Ademais, deberá indemnizar á muller (que sufriu un trastorno de ansiedade e depresión) en 10.865 euros polos danos e as secuelas.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...