InicioVigo e contornaVigoAlerta en Vigo por un incendio nunha casa da ría Sanjurjo Badía

Alerta en Vigo por un incendio nunha casa da ría Sanjurjo Badía

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias desprazáronse na tarde deste xoves á rúa Sanjurjo Badía de Vigo tras rexistrarse lume nunha casa.

Segundo fontes do 112 Galicia, foi o persoal de Urxencias Sanitarias o que alertou sobre as 18.00 horas ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para avisar de que se estaba producindo un incendio á altura do número 214 desa vía.

Por iso, deuse aviso aos Bombeiros de Vigo, que se achegaron ao momento para sufocar as chamas. A esta hora, os profesionais continúan no lugar ventilando a vivenda.

As mesmas fontes explicaron que só hai que lamentar danos materiais, xa que os moradores do domicilio puideran saír do mesmo.

ÚLTIMAS

O Xulgado critica a falta dun plan de inspeccións de atracións do concello de Vigo tras o accidente do ‘Saltamontes’

O xulgado de instrución número 3 de Vigo, que investiga as circunstancias do accidente...

Vigo prepara o seu Nadal masivo: novo plan de tráfico con tres niveis segundo a afluencia

O Concello de Vigo presentou este martes o plan de tráfico que rexerá durante...

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...