InicioSociedadePena para o home que cravou un desaparafusador na cabeza a outro...

Pena para o home que cravou un desaparafusador na cabeza a outro en Vigo

Acepta un ano de cárcere.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O home que cravou un desaparafusador na cabeza a outro home en Vigo aceptou este xoves a pena dun ano de cárcere durante a vista de conformidade celebrada no Xulgado do Penal número 2 de Vigo.

Os feitos remóntanse a abril de 2022, cando o agora condenado atacou ao home, que coñecía de vista, na Avenida de Beiramar. Segundo o escrito de Fiscalía, o home díxolle que “o ía a matar”, para logo perseguilo e cravarlle o desaparafusador na parte posterior da cabeza, á altura da orella esquerda.

Ademais, propinoulle varias puñadas. A consecuencia dos ocorrido, a vítima sufriu lesións consistentes nunha ferida dun centímetro de profundidade na orella, precisando unha intervención cirúrxica. A pesar de que inicialmente se solicitaba unha pena de tres anos de prisión, finalmente o acusado aceptou un ano de cárcere.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...