InicioSucesosUn menor agrede en Vigo a un axente que comprobou que levaba...

Un menor agrede en Vigo a un axente que comprobou que levaba un mes desaparecido

Negouse a ir coa súa proxenitora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un menor por agredir a un funcionario policial, despois de ser identificado e de comprobar que a súa desaparición fora denunciada facía un mes. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado venres, cando o 092 recibiu un aviso para acudir á rúa Segovia, onde uns mozos estaban a facer ‘grafitis’.

Cando os axentes chegaron, localizaron a dous mozos xunto a un bote de pintura e que manifestaron que as pintadas fixéranas uns amigos que marcharan. Ao pedirlles a documentación, os policías comprobaron que ambos eran menores de idade e que un deles presentaba síntomas de estar baixo os efectos das drogas, polo que pediron asistencia sanitaria para a súa avaliación.

Por outra banda, ao consultar a base de datos policial, comprobaron que sobre este menor, de 15 anos de idade, constaba unha orde de procura por unha denuncia de desaparición interposta pola súa nai hai un mes. Os axentes localizaron á proxenitora, que se presentou no lugar para facerse cargo do menor, pero este negouse rotundamente a ir coa súa nai. Entón, tentou escaparse e tivo que se interceptado por un axente.

O mozo respondeu de forma brusca, propinándolle unha puñada ao policía na cara, polo que foi detido, e tivo que ser reducido debido a que presentou unha resistencia activa. O outro menor, pola súa banda, foi entregado aos seus pais.

ÚLTIMAS

Atopan unha nova alga moi invasora na ría de Vigo

O grupo de investigación BioCost, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade...

Revogado o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sustentable da Uvigo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a orde coas revogacións dun...

Cae un mozo 22 anos desde un tellado mentres contemplaba os lumes de Bouzas

Un mozo de 22 anos, con iniciais M.B.G., tivo que ser trasladado polos servizos...

O Concello de Vigo pide explicacións á RFEF sobre os criterios de selección das sedes do Mundial 2030

O Concello de Vigo remitiu unha carta á Real Federación Española de Fútbol (RFEF)...