InicioSociedadeDetido un home por agredir á súa parella, que o foi a...

Detido un home por agredir á súa parella, que o foi a visitar tras ser operado

A muller presentaba marcas de agresión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home, S.B.V., de 42 anos de idade, que está ingresado nun hospital da cidade, por agredir supostamente á súa parella, que o foi a visitar ao centro sanitario.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite deste mércores, cando o 092 recibiu un aviso para acudir ao hospital Vithas Fátima, porque se estaba producindo unha pelexa entre unha parella nunha das habitacións. Ao chegar, o home e a muller xa estaban separados e os celadores e testemuñas explicaron aos axentes que escoitaran unha forte discusión na habitación na que estaba ingresado o home.

Cando se achegaron, observaron a unha muller que saía da estancia e, detrás, saíu o home gritando, moi nervioso e alterado, e viron que se sacou a vía intravenosa da man e unha drenaxe que a puxeron tras ser intervido cirurxicamente. O home chegou a abandonar a planta onde estaba ingresado, pero volveu minutos despois, debido á forte dor que tiña.

A muller explicou aos policías que ambos son parella desde fai uns dous anos e que o fora  visitar tras a operación. Entre ambos iniciouse unha discusión e o home, segundo a versión dela, arrebatáralle o teléfono, retorcéralle o brazo e empuxouna con forza contra un sofá, que chegou a romper.

Ademais, propinoulle unha cotenada na boca, e os axentes comprobaron que a muller presentaba signos de agresión tanto na cara como no brazo. Segundo apuntou a muller, as agresións da súa parella son frecuentes e chegou mesmo a porlle un coitelo no pescozo nunha ocasión, aínda que non o denunciou, manifestando a súa intención de facelo nese momento, a pesar de que el a ameazou con matala se o facía.

O home, pola súa banda, admitiu aos axentes que discutira coa súa parella e que “só” a empuxou contra un sofá. Por todo o sucedido e escoitados as testemuñas, a Policía procedeu a comunicar ao home a súa condición de detido. O suposto agresor quedou hospitalizado e custodiado por axentes da Policía Local pola presunta autoría dun delito de violencia de xénero.

 

 

 

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...