InicioSociedadeVeciños do barrio de Teis denuncian "falta de médicos" pola tarde no...

Veciños do barrio de Teis denuncian “falta de médicos” pola tarde no centro de saúde

Esta ausencia provoca que teñan que esperar 15 días por unha cita.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Veciñal de Teis denunciou a “falta de médicos” en horario de tarde no centro de saúde do devandito barrio vigués, ao contar, segundo as súas cifras, con tres do nove facultativos que deberían operar. Nun comunicado enviado aos medios de comunicación, os veciños aseguraron que xa se dirixiron hai 15 días ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para trasladarlle a súa “preocupación e indignación” por este tema.

“Esta falta de persoal provoca que os veciños teñan que esperar 15 días por unha cita ou que as urxencias sexan derivadas ao momento de atención continuada (PAC). Ademais, supón sobrecargar o traballo dos médicos que están de tarde”, criticou a Asociación. Para eles, isto supón unha “deterioración” da atención sanitaria na parroquia, polo que ven como unha prioridade ter unha sanidade pública “de calidade”. “Non imos aceptar ningún recorte no persoal do centro de saúde de Teis”, sentenciaron.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...