InicioSociedadeVitrasa insiste en que a folga ten "transfondo político" e quere "amolar...

Vitrasa insiste en que a folga ten “transfondo político” e quere “amolar o Nadal”

En concentracións de protestas desde o pasado 25 de novembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

concesionaria do bus urbano de Vigo, Vitrasa, saíu ao paso das acusacións realizadas este mércores polo comité de empresa sobre o conflito laboral que manteñen desde hai máis de dous anos, e que desembocou nunha folga indefinida desde o pasado 25 de novembro. Así, a empresa insistiu en que esta medida de presión ten un “transfondo político” porque foi convocada para “amolar o Nadal”.

A través dun comunicado e unhas declaracións remitidas aos medios, o director xeral de Vitrasa, Carlos González, insistiu en que a folga ten “intereses persoais e tamén políticos”. “Son conscientes do dano que causa esta situación á mobilidade da cidade durante o Nadal, e así o puxeron de manifesto nas tres reunións que mantivemos días atrás durante as negociacións”, sinalou.

Por outra banda, criticou novamente que o comité non accedese a suspender a folga dúas semanas, aínda que a empresa ofreceu retirar os expedientes sancionadores e volveu a acusar os sindicatos de ofrecer datos nesgados sobre os soldos dos traballadores.

Respecto diso, repetiron que o salario mínimo de 27.400 euros correspóndese con persoal que entra novo, sen antigüidade, e que o salario medio do persoal xeral en 2022 superou os 33.500 euros brutos. Nese sentido, incidiu en que é “incomprensible” a “beligerancia” do comité con “a empresa (do sector) que mellor paga e mellores condicións ten” en toda a provincia.Tras insistir en que a folga indefinida só contou co apoio do 29 % do persoal, rexeitaron as manifestacións dos sindicatos sobre a suposta rendibilidade que Vitrasa está a obter nestes días de paro.

Así, a empresa, que insiste en que está “en perdas”, recalcou que está a perder miles de usuarios e que tamén sofre danos económicos, non só pola caída de viaxeiros, senón tamén por episodios como os ataques a buses (o máis grave, ocorrido en maio pasado, cando se incendiou un autocar, valorado en 400.000 euros, episodio que é obxecto dun procedemento xudicial).

ÚLTIMAS

A concelleira de Seguridade de Vigo declara como investigada polo accidente mortal do Saltamontes: “Dei as oportunas aclaracións”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez Calviño, compareceu este martes...

Ferida unha muller tras producirse un desprendemento de terra no paseo de Bouzas, en Vigo

Unha muller resultou ferida na mañá deste martes tras producirse un desprendemento de terra...

Así se vivirá o papel da muller na ciencia na UVigo durante todo este mes

Co obxectivo de pór en valor o papel das científicas e de fomentar as...

A Xunta asinará o convenio da ETEA a semana que vén con críticas a Caballero por “oito meses de atraso”

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, celebrou que a...