InicioCulturaA UVigo e o Porto de Vigo promoverán a "cultura oceánica" mediante...

A UVigo e o Porto de Vigo promoverán a “cultura oceánica” mediante a fusión de arte urbana e ciencia

As institucións asinaron un convenio para a realización conxunta da terceira edición do programa Scientists Meet Artists.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o presidente do Porto, Carlos Botana, asinaron este mércores un acordo de cooperación para promover a “cultura oceánica” na sociedade, mediante a fusión de arte urbana e ciencia, coa realización dun mural a cargo do artista Delio Rodríguez.

O convenio articula a colaboración entre ambas as institucións para a realización conxunta da terceira edición do programa Scientists Meet Artists, unha iniciativa liderada pola UVigo a través do Campus do Mar e que busca un ‘lugar de encontro’ entre ciencia e arte.

Así, búscase a colaboración entre investigadores do Campus do Mar e do Centro de Investigación Mariña da UVigo con ilustradores e ilustradoras de España e Portugal para que cren imaxes que reflictan a visión compartida entre ambas as disciplinas, sen perder o rigor científico e coa meta de divulgar a cultura oceánica entre a cidadanía.

Scientists Meet Artists colabora así na iniciativa de Cultura Oceánica da Comisión Oceanográfica Intergobernamental da UNESCO e nos desafíos expostos no Decenio das Ciencias Oceánicas para un Desenvolvemento Sustentable da ONU.

O acordo entre Porto e Universidade pretende que esta iniciativa sexa máis atractiva para a cidadanía e máis visible, por iso elaborouse un mural no lateral do edificio do Real Club Náutico, no paseo das Avenidas. Trátase dunha gran ilustración sobre a observación oceánica, que representa a variedade de técnicas, métodos e datos que se utilizan para solicitar informar sobre mares e oceános.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...