InicioVigo e contornaVigoO PSOE sinala a informes técnicos para indicar que o alcalde da...

O PSOE sinala a informes técnicos para indicar que o alcalde da Guarda recibiu da Deputación diñeiro de maneira ilegal

O portavoz socialista, Carlos Font, considerou que "queda demostrada a veracidade absoluta dos feitos denunciados polo PSOE, dado que cobrou irregularmente en setembro, outubro e novembro".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Partido Socialista de Pontevedra asegurou que informes técnicos emitidos polos servizos de recursos humanos da Deputación de Pontevedra confirman que o alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero (PP), rexistrou de forma ilegal 4.425 euros da institución provincial a pesar de contar cunha dedicación exclusiva remunerada con 54.000 euros ao ano.

Nun comunicado, os socialistas lembran que “destaparon esta irregularidade” rexistrando un escrito o 5 de febreiro que foi contestado pola Deputación nunha resposta na que se inclúe a resolución, asinada polo deputado responsable da área de Persoal, Jesús Vázquez Almuiña, oito días despois.

O PSOE sinala que Almuiña, que non supervisou correctamente estes pagos con anterioridade, viuse na situación de ter que ordenar ao seu compañeiro a devolución de 3.781,69 euros, cifra que se corresponde co líquido ingresado unha vez deducida a retención provisional polo IRPF.

“Os técnicos provinciais confirmaron que Carrero recibiu irregularmente da Deputación 200 euros en setembro, 2.750 en outubro e, finalmente, 475 euros en novembro por participar nos plenos, xuntas de goberno e comisións informativas“. Ademais, sinalan que cobrou a mensualidade de 3.956 euros do seu salario como deputado con dedicación exclusiva.

A suma de todos estes conceptos, indicou, traduciuse nuns ingresos brutos de ata 6.636 euros ao mes, é dicir, máis que o que percibe o propio presidente da Deputación, Luís López. Con todo, os socialistas critican que Carrero afirmarse non darse conta “ata que o PSOE preguntou polo caso”.

O portavoz socialista, Carlos Font, considerou que “queda demostrada a veracidade absoluta dos feitos denunciados polo PSOE, dado que cobrou irregularmente en setembro, outubro e novembro pola asistencia a órganos colexiados da Deputación, a pesar de contar ocn unha dedicación absoluta“. Ademais, censurou que, mentres percibía eses ingresos extraordinarios “quedou calado”.

O PSOE sostén que os informes proban que non foi ata o PSOE denunciou a situación non se lle obrigou a reintegrar uns ingresos completamente ilegais. Por tanto, asegura que, de ningún modo, pódese considerar que o alcalde devolveu o diñeiro de forma voluntaria.

O grupo socialista recalca que o debate non é se houbo ou non un erro administrativo, senón o silencio de quen cobra durante tres meses o que non é seu. “Os erros administrativos corríxense, pero os erros políticos tan graves como a ocultación duns ingresos ilegais corríxense coa dimisión”, sostivo os socialistas, que esixen ao PP que deixe de culpar ao funcionariado.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...