InicioSucesosDetido un home en Vigo por presunta agresión á súa parella

Detido un home en Vigo por presunta agresión á súa parella

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a un home de 56 anos de idade, O.A.V., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, por unha agresión á súa parella, coa que discutiu por supostos motivos económicos.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a pasada madrugada, cando o 092 recibiu un aviso dunha muller para acudir a un domicilio da rúa Mazaricos, ante un epispdio de violencia de xénero.

Á súa chegada, os axentes entrevistáronse coa muller, que relatou que tivera unha discusión coa súa parella, porque el lle recriminou un gasto que aparecía reflectido nunha conta común. Segundo a súa versión, o home reaccionara de forma violenta, impedíndolle saír de casa para ir traballar e quitoulle 10 euros da carteira.

No transcurso da rifa, ademais, agarrouna polo pescozo, abaneándoa e empuxándoa, chegando a golpeala contra a parede e darlle unha forte puñada no peito.

Cando o home se deu conta de que a muller estaba a chamar á Policía, fuxiu do lugar. Coa descrición facilitada pola requirente, os axentes lograron atopar ao sospeitoso na rúa Águia, e ao preguntarlle polo sucedido, o home admitiu a discusión pero negou agredir á súa parella. Con todo, foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Cinco detidos en Vigo por un alixo de 200 quilos de cocaína chegado nun portacontedores desde Sudamérica

A Policía detivo a cinco persoas pola súa suposta vinculación cun cargamento duns 200...

O BNG alerta de que 9 de cada 10 alugueiros en Vigo superan os 700 euros e esixe declarar a zona tensionada

O BNG de Vigo alertou este martes de que 9 de cada 10 vivendas...

O PP de Vigo esixe a Caballero que rompa o seu “silencio cómplice” ante o pacto entre o PSOE e ERC

O PP de Vigo esixiu este martes ao alcalde da cidade, Abel Caballero, "que...

Patronal e sindicatos abren en Vigo a negociación do convenio do Metal

A cidade de Vigo acolleu este martes a primeira toma de contacto da mesa...