InicioSociedadePiden nove anos de cárcere para un vigués acusado de violar a...

Piden nove anos de cárcere para un vigués acusado de violar a unha menor coa que convivía

Reclaman para a menor unha indemnización de 9.000 euros polos danos morais causados

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía de Pontevedra pide 9 anos de prisión para un home acusado de violar a unha menor coa que convivía na súa vivenda familiar situada na cidade de Vigo. O xuízo está fixado na sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo, para o vindeiro martes.

Os feitos, segundo o escrito fiscal, ocorreron no domicilio familiar no que ambos residían no mes de xuño de 2023. O procesado atópase en situación de prisión provisional por esta causa desde o 14de xullo de 2023.

Ademais da pena de prisión, o Ministerio Público solicita que se inhabilite ao acusado para o exercicio dos dereitos de patria potestade, tutela ou acollemento durante catro anos, e que non poida desempeñar oficios ou actividades relacionadas con menores por cinco anos unha vez que recobre a liberdade.

O Fiscal tamén considera que debe impórselle unha orde de afastamento de 300 metros e prohibición de comunicarse coa vítima durante cinco anos, tras a pena de prisión, e reclama para a menor unha indemnización de 9.000 euros polos danos morais causados.

ÚLTIMAS

‘Quero ser investigadora’, historias de mulleres investigadoras que triunfan na Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento...

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...