InicioEconomíaA UVigo capta 5,5 millóns para 40 proxectos de investigación e bate...

A UVigo capta 5,5 millóns para 40 proxectos de investigación e bate o récord nacional en recollida de fondos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) bateu marca na captación de fondos nacionais ao conseguir 5,5 millóns de euros para 40 proxectos de investigación, onde a metade destes traballos están vinculados ao Persoal Docente e Investigador do CIM, Cinbio, atlanTTic, Cintecx e Ecobas.

Este é o balance da última convocatoria de axudas de Proxectos de Xeración de Coñecemento convocadas no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023.

“Trátase da cifra máis alta conseguida pola institución en captación do plan nacional”, explicou a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI).

Rubio mostrouse “moi satisfeita” polos resultados conseguidos, que mostran un “moi bo progreso” tanto no número como na consecución de fondos. Trátase, ao seu xuízo, dun “éxito” que deriva e susténtase na creación e apoio a estruturas de maior dimensión como son os centros de investigación.

Ela explicou que se solicitaron un total de 86 proxectos e concedéronse 40, o que sitúa a taxa de éxito no 46,5%. “Esta cifra foi crecendo progresivamente desde o ano 2018, cando se situaba no 29%”, lembrou a vicerreitora.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...