InicioEconomíaStellantis comprométese a adxudicar á fábrica de Vigo a súa nova plataforma...

Stellantis comprométese a adxudicar á fábrica de Vigo a súa nova plataforma eléctrica

Así o sinalou a dirección da factoría á representación dos traballadores durante a sétima reunión de negociación do novo convenio colectivo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo automobilístico Stellantis comprometeuse co comité de empresa da súa fábrica de Vigo a adxudicar á planta a súa nova plataforma eléctrica, prevista para 2027-2028. Así o sinalou a dirección da factoría á representación dos traballadores durante a sétima reunión de negociación do novo convenio colectivo, levada a cabo na cidade olívica na mañá deste xoves.

“Nun contexto de descarbonización e de regulación de emisións da Unión Europa, a adxudicación da seguinte arquitectura de vehículos eléctricos convértese nun obxectivo imprescindible para o mantemento da actividade industrial do centro máis aló de 2027”, subliñou a compañía.Tendo en conta isto, o consorcio adquiriu o compromiso de adxudicar ao centro de produción de Vigo a próxima arquitectura de modelos eléctricos, previsiblemente a STLA Small.

“No caso de que esta nova arquitectura de vehículo non sexa asignada á planta, calquera das partes poderá solicitar automaticamente a reapertura das negociacións do Convenio Colectivo 2024-2027, debendo ser este reconsiderado no seu conxunto”, sentenciou a empresa.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...