InicioEconomíaCaballero pide que finalice a folga en Vitrasa e anuncia outra recomposición...

Caballero pide que finalice a folga en Vitrasa e anuncia outra recomposición económica para a empresa sen dicir cifras

O alcalde de Vigo solicitou á compañía que convoque unha mesa de negociación "e de forma inmediata senten a negociar e non se levanten ata que non haxa acordo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu ao comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte urbano da cidade olívica, que poña fin á folga indefinida, convocada a partir do próximo 25 de novembro, e anunciou outra “recomposición económica” para a compañía.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor lamentou o “quebranto económico” que supuxo a pandemia para Vitrasa, o cal, ao seu xuízo, “fixo que as relacións entre o comité e a empresa fosen moi complicadas”.

Esta sería a causa, a xuízo de Caballero, das innumerables folgas e paros convocados por parte dos traballadores, polo que agora o rexedor urxe a Vitrasa e aos seus empregados que “senten a negociar”.

“Estamos hoxe xa no momento da resolución do conflito de Vitrasa. O Concello xa ten ultimado o reequilibrio económico polo quebranto económico que sufriu a empresa nos tempos da pandemia. Xa é o momento de resolver o conflito que tanto está a danar á cidadanía”, indicou.

Así, solicitou á compañía que convoque unha mesa de negociación “e de forma inmediata senten a negociar e non se levanten ata que non haxa acordo”. Tamén urxiu ao comité que desconvoque a folga.

Estas palabras de Caballero chegan tras máis de dous anos de conflito en Vitrasa, durante os cales os traballadores esixían ao Concello que mediase, a pesar de que Caballero sempre defendeu que se trataba dun problema entre unha empresa privada e os seus empregados, aínda sendo unha concesionaria municipal.

Agora, dous días antes do aceso das luces de Nadal de Vigo, Abel Caballero enviou un audio aos medios de comunicación anunciando un novo reequilibrio económico para Vitrasa, sen ofrecer dato algún sobre a cantidade que se abonará á empresa e a negociación coa mesma.

Cabe lembrar que o Concello xa abonou a Vitrasa uns 5,7 millóns de euros polas perdas derivadas da pandemia (2020 e 2021), a pesar de que a firma solicitaba máis de 19 millóns, incluíndo o ano 2022. Por iso, o comité de empresa sempre criticou que Vitrasa estaba a esperar máis achega municipal para continuar negociando o novo convenio, xa que o anterior caducou en 2020.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...