InicioSociedadeGabriel, Alanna e Artai, os segundos irmáns trillizos que nacen este ano...

Gabriel, Alanna e Artai, os segundos irmáns trillizos que nacen este ano no Álvaro Cunqueiro

Desde a súa posta en marcha, no verán de 2015, o centro sanitario vigués rexistrou ata agora 5 partos múltiples de trillizos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Gabriel, Alanna e Artai, nacidos no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, convertéronse nos segundos irmáns trillizos que veñen ao mundo no centro sanitario vigués nos que vai de ano. Segundo informou o Sergas, estes trillizos, os primeiros fillos de Miriam Figueroa e Gabriel Badoi, veciños de Vigo, naceron o pasado 26 de setembro e, tras pasar unhas semanas na Unidade de Neonatología do Hospital xa recibiron o alta e están na súa casa.

Os bebés pesaron ao redor de 2 quilos cada un, e todos mediron o mesmo, 47 centímetros. Na súa despedida do Álvaro Cunqueiro, recibiron un agasallo de Amazon, da súa estación do Porriño, consistente en ‘bodys’ e diverso material hixiénico, como toallitas e cueiros. Estes son os segundos trillizos nados este ano no Álvaro Cunqueiro. Desde a súa posta en marcha, no verán de 2015, o hospital vigués rexistrou ata agora 5 partos múltiples de trillizos.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...