InicioVigo e contornaVigoAprazado a reapertura do túnel de Lepanto en VIgo para o 22...

Aprazado a reapertura do túnel de Lepanto en VIgo para o 22 de novembro por atrasos no HALO debido ao mal tempo

O Concello olívico fixa unha nova data para a posta en servizo dese paso subterráneo, despois de modificar varias veces o prazo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O mal tempo das últimas semanas provocou que as obras do ascensor HALO de Vigo acumulen atraso, o que afecta tamén á apertura do túnel de entrada á AP-9 na rúa Lepanto, que se apraza ao 22 de novembro, segundo confirmaron fontes municipais.

Deste xeito, o Concello olívico fixa unha nova data para a posta en servizo dese paso subterráneo, despois de modificar varias veces o prazo.

O último prazo, publicado na propia web municipal, era do 17 de novembro, pero o atraso nos traballos de instalación do ascensor panorámico obrigan agora a pospor a reapertura ao 22 deste mes, dous días antes de que teña lugar o acto de aceso da iluminación do Nadal.

Este túnel, construído polo Concello, púxose en servizo en decembro do ano pasado. En febreiro tivo que pecharse debido á colocación da gran circunferencia que sobrevoa a AP-9 e que forma parte da estrutura do HALO.

En abril deste ano o túnel reabriuse ao tráfico, pero volveu pecharse a mediados de xuño pasado. Naquel momento, anunciouse que volvería porse en servizo en setembro, pero o peche prolongouse, primeiro ata o 2 de outubro, logo ata o 2 de novembro e, posteriormente, ata o 17 de novembro.

Finalmente, o peche será, se se cumpre o novo prazo, ata o 22 de novembro. Desta maneira, desde a súa inauguración, o túnel de Lepanto estivo máis tempo pechado que operativo.

ÚLTIMAS

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...

O Porriño convidará ao Papa León XIV a visitar a localidade e valora nomealo fillo ilustre

O Concello do Porriño iniciou os trámites institucionais para convidar ao Papa León XIV...