InicioSucesosVitrasa denuncia un novo acto vandálico nun vehículo, sumando tres nunha semana

Vitrasa denuncia un novo acto vandálico nun vehículo, sumando tres nunha semana

Este suceso súmase a dous altercados rexistrados días antes noutros autobuses urbanos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

concesionaria de bus urbano de Vigo, Vitrasa, denunciou un novo ataque vandálico nun dos seus vehículos, sumando así tres en menos dunha semana, segundo lamentou a compañía. Foi o pasado venres, día 3 de novembro, sobre as 23,00 horas cando un autobús que cubría a liña 9B ao seu paso pola rúa da Rabadeira recibiu o impacto de pedra no parabrisas frontal. No vehículo viaxaba un pasaxeiro, que non sufriu danos, así como o condutor, que tamén salio ileso.

Este suceso súmase a dous altercados rexistrados días antes noutros autobuses urbanos, contra os cales tamén se lanzaron pedras, provocando a rotura dos seus cristais. “Insistimos en que este tipo de ataques pon en risco aos viaxeiros, aos compañeiros que realizan o servizo e a calquera persoa que circula pola vía”, indicou nun comunicado Vitrasa, tras meses de conflito laboral cos seus empregados, nos cales se levaron a cabo innumerables xornadas de paros parciais e folgas.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...