InicioSucesosDeteñen dous mozos de 20 e 23 anos en Vigo por un...

Deteñen dous mozos de 20 e 23 anos en Vigo por un presunto delito de estafa

O denunciante realizou un total de 29 pagos a través dunha aplicación para transferencias de diñeiro posto que o vendedor negaba a recepción do diñeiro alegando que "lle daba erro".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous mozos residentes en Vigo de 20 e 23 anos foron detidos como autores dun presunto delito de estafa ao conseguir que unha persoa lles realizase un total de 29 transaccións a través dunha plataforma de pagos que sumaron un total de 5.500 euros.

A vítima, veciña de Cangas, levou a cabo estes pagos despois de interesarse por un anuncio colgado en Internet polos arrestados no que ofrecían un computador por 300 euros, segundo explicou a Garda Civil este luns.

O denunciante realizou un total de 29 pagos a través dunha aplicación para transferencias de diñeiro posto que o vendedor negaba a recepción do diñeiro alegando que “lle daba erro”.

As dilixencias foron postas a disposición do Xulgado de Garda de Cangas do Morrazo mentres que os detidos quedaron en liberdade tras prestar declaración en sede xudicial.

ÚLTIMAS

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...

O Porriño convidará ao Papa León XIV a visitar a localidade e valora nomealo fillo ilustre

O Concello do Porriño iniciou os trámites institucionais para convidar ao Papa León XIV...