InicioEconomíaStellantis Vigo suspende parte da súa produción esta fin de semana por...

Stellantis Vigo suspende parte da súa produción esta fin de semana por falta de compoñentes

"Por causa de forza maior, a consecuencia da falta de aprovisionamentos, suspéndese a actividade do Sistema 2 nas quendas de noite do venres 3 de novembro e do domingo 5", explicou a empresa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis volveu a suspender parte da súa produción este fin de semana debido á falta de certos compoñentes necesarios para a ensamblaxe dos seus vehículos.

Tal como informou a compañía aos seus empregados, o Sistema 2 da planta olívica, onde se montan as furgonetas das distintas marcas do consorcio, permanecerá parado nas quendas de noite deste venres e do domingo, día 5 de novembro.

“Por causa de forza maior, a consecuencia da falta de aprovisionamentos, suspéndese a actividade do Sistema 2 nas quendas de noite do venres 3 de novembro e do domingo 5”, explicou a firma aos traballadores.

Este parón súmase aos innumerables vividos nos últimos meses na fábrica de Stellantis Vigo, que suspendeu a súa actividade en múltiples ocasións pola falta de pezas.

ÚLTIMAS

O Xulgado critica a falta dun plan de inspeccións de atracións do concello de Vigo tras o accidente do ‘Saltamontes’

O xulgado de instrución número 3 de Vigo, que investiga as circunstancias do accidente...

Vigo prepara o seu Nadal masivo: novo plan de tráfico con tres niveis segundo a afluencia

O Concello de Vigo presentou este martes o plan de tráfico que rexerá durante...

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...