InicioSucesosUn novo accidente sen feridos no túnel da Madroa provoca grandes retencións...

Un novo accidente sen feridos no túnel da Madroa provoca grandes retencións na AP-9

Os feitos sobre as 07:40 horas e foi un particular o que alertou dos mesmos, asegurando que foi un choque por alcance.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un novo accidente rexistrado no túnel da Madroa provocou grandes retencións á primeira hora da mañá deste venres na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo en dirección Tui. Tal como informaron fontes do 112 Galicia a Europa Press, tívose constancia dos feitos sobre as 07:40 horas e foi un particular o que alertou dos mesmos, asegurando que un accidente por alcance dentro do túnel estaba a provocar grandes retencións na AP-9.

A pesar de que os ocupantes dos vehículos estaban liberados e non se tiña constancia da existencia de feridos, os servizos de emerxencia alertaron a Urxencias Sanitarias 061, aos Bombeiros de Vigo, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico. Este accidente produciuse nun dos puntos con máis sinistros da urbe olívica, onde é habitual este tipo de golpes á primeira hora da mañá.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...