InicioSucesosVitrasa denuncia dous ataques a buses durante a xornada de paro deste...

Vitrasa denuncia dous ataques a buses durante a xornada de paro deste mércores

Así mesmo, informou de que, "segundo as testemuñas", foi unha pedra lanzada por "unha persoa vestida de negro e cunha máscara branca, que escapou do lugar tras o impacto".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concesionaria de bus urbano de Vigo, Vitrasa, denunciou dous ataques a senllos autobuses este mércores, que foi xornada de folga de 24 horas, perpetrados por persoas vestidas de escuro e coa cara oculta por unha máscara, “segundo testemuñas”.

Nun comunicado, a empresa explicou que, sobre as 22,00 horas deste mércores, o bus que facía a ruta da liña 16, estando na rúa Porriño, “recibiu un impacto cun obxecto contundente na xanela do parabrisas frontal”.

Así mesmo, informou de que, “segundo as testemuñas”, foi unha pedra lanzada por “unha persoa vestida de negro e cunha máscara branca, que escapou do lugar tras o impacto”.

Nese momento, explicou a empresa, o condutor atopábase no interior do vehículo, pero a pedra non chegou a traspasar o cristal. Por outra banda, ningún pasaxeiro resultou ferido porque non había viaxeiros no bus, que estaba na cabeceira da liña, “preto de comezar o servizo”.

Por outra banda, á mesma hora, un bus da liña 5A, que se atopaba na rúa Pedra Seixa, tamén recibiu o impacto de pedra no cristal da fronte dianteira. O condutor estaba nese momento descansando no exterior do autocar.

“Igualmente, varias testemuñas informaron de que unha persoa vestida de negro e cunha máscara branca lanzou o obxecto, e posteriormente botou a correr, estando a piques de ser atropelado por un vehículo que circulaba pola vía“, engadiu Vitrasa, que confirmou que este bus estaba baleiro.

A empresa reiterou que este tipo de ataques “pon en risco non só a seguridade dos viaxeiros, tamén a dos propios compañeiros e compañeiras que realizan o servizo, así como do resto de persoas que circulan pola vía”.

Finalmente, volveu a trasladar as súas “desculpas” aos usuarios do bus urbano, e garantiu a prestación dos servizos mínimos, no marco dos paros parciais e totais convocados polo comité.

ÚLTIMAS

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...

O Porriño convidará ao Papa León XIV a visitar a localidade e valora nomealo fillo ilustre

O Concello do Porriño iniciou os trámites institucionais para convidar ao Papa León XIV...