A presidenta do PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, pediu ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que “tome nota” do Executivo portugués e poña ” as pilas” co AVE desde a cidade olívica ata Lisboa.
Nun comunicado, Tapias lamentou que mentres Porto está a dar total prioridade á alta velocidade con Galicia, “España segue sen un calendario de obras nin investimentos encima da mesa”.
Estas declaracións prodúcense por mor de que o país luso anunciase que licitará en xaneiro o primeiro tramo de 72 quilómetros da liña de alta velocidade proxectada desde Lisboa cara a Galicia por 1.900 millóns de euros.
Ela lembrou que Portugal condicionou sempre a execución destes traballos a unha aposta “decidida” tamén por parte do Goberno español, polo que Tapias reprochou a Sánchez que “volva dar a espala” á Comunidade e some así un novo “debe” con Vigo e con Galicia.
A líder do PP local lembrou que esta conexión xoga un papel “clave” para o futuro da cidade, alertando ao mesmo tempo de que “non se poden permitir máis atrasos dos que xa se dan por feito”.
