InicioSucesosDetidas sete persoas en Bueu e desarticulado un grupo de distribución de...

Detidas sete persoas en Bueu e desarticulado un grupo de distribución de cocaína e heroína

Os axentes interviñeron 1.500 gramos de cocaína, 1.200 gramos de heroína e 65.000 euros en efectivo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Garda Civil Pontevedra desarticulou un grupo dedicado á venda e distribución de cocaína e heroína na zona do Morrazo, dirixido desde a localidade de Bueu e con sete persoas detidas.

As investigacións iniciáronse a mediados do ano 2022, cando os axentes da Garda Civil, froito da análise da información sobre a distribución e subministración de droga, tiveron coñecemento das actividades deste grupo. Segundo explicou o corpo, esta organización tiña un “dominio absoluto do mercado” na localidade de Bueu e arredores.

A explotación da operación deu comezo o pasado día 4, efectuándose rexistros nas localidades de Cangas e Bueu, participando nos mesmos outros compoñentes como o Equipo EBIO de Pontevedra, e o Servizo Cinolóxico da Comandancia.

Durante estas actuacións, foron intervidos 1.500 gramos de cocaína, 1.200 gramos de heroína, básculas de precisión, diferentes sustancias de corte para a súa elaboración, unha envasadora ao baleiro, móbiles, un turismo, un automóbil e 65.000 euros en efectivo. Dos 7 detidos, 6 deles con antecedentes policiais, a autoridade xudicial decretou o ingreso en prisión dun (o principal dirixente do grupo) e seis quedaron en liberdade con cargos.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...