InicioVigo e contornaVigoO BNG vigués pide un plan de mobilidade de cara ao Nadal...

O BNG vigués pide un plan de mobilidade de cara ao Nadal para evitar o “caos” de tráfico

"O goberno local ten que deseñar un operativo que evite que o Nadal converta un ano máis á cidade nun parque temático inseguro e inhabitable", reivindica o portavoz nacionalista Pérez Igrexas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo demandou ao goberno local un plan de mobilidade e seguridade para evitar que se repita o “caos insoportable e inseguro” de tráfico do Nadal pasado.

Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, pediu medidas que eviten as retencións e que garantan o paso “áxil” dos vehículos de emerxencia. Tamén propuxo a instalación de aparcadoiros disuasorios e lanzadeiras de autobús, para que os visitantes non accedan ao centro en coche.

“Estamos a 9 de outubro e por iso cremos que non pode haber escusas. O goberno de Abel Caballero ten que deseñar un operativo municipal que evite que o seu Nadal converta un ano máis á cidade nun parque temático inseguro e inhabitable”, reivindicou Igrexas.

Para el, é “fundamental” que se adopten medidas concretas para evitar as aglomeracións, sobre todo o fin de semana, que se converten “nun calvario”, e para que non se volvan a producir “situacións gravísimas como ver decenas de vehículos aparcando en túneles”.

ÚLTIMAS

O temporal provoca o atraque en Vigo dun gran portacontedores que sufriu un corremento de carga

O Porto de Vigo recibiu nas últimas horas ao buque portacontedores 'María Francisca', un...

Luz verde ambiental a un campamento de turismo na contorna do Pazo de Cea, en Nigrán

A Xunta deu luz verde ambiental ao proxecto para construír un campamento de turismo...

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Aparece desorientada e con hipotermia a muller desaparecida preto do aeroporto de Vigo

Axentes da Policía Nacional localizaron nas inmediacións do aeroporto de Vigo a unha muller,...