InicioDeportesO primeiro barco solar da UVigo, con seis metros de eslora, aspira...

O primeiro barco solar da UVigo, con seis metros de eslora, aspira a competir na Energy Boat Challenge de Mónaco

Un trimarán de seis metros de eslora e dúas de manga no que a maior parte do equipamento procede de fabricación propia. Así é o 'Boeiro I', con seis metros cadrados de paneis solares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un trimarán de seis metros de eslora e dous de manga no que a maior parte do equipamento procede de fabricación propia. Así é o ‘Boeiro I’, o primeiro barco solar da Universidade de Vigo (UVigo) que aspira a competir na Energy Boat Challenge de Mónaco. Este proxecto “ilusionante”, nado fai tres anos da man da asociación estudantil Clean Energy Ship (CES) da UVigo, foi desenvolvido por unha vintena de alumnos das tres escolas de enxeñaría do campus de Vigo: Telecomunicación, Industrial e Minas e Enerxía.

Tras meses de traballo, este mércores presentaron a súa embarcación, bautizada como ‘Boeiro I’ en honra ao illote menor do arquipélago das Illas Cíes. O trimarán está construído principalmente a base de fibra de carbono, espumas de alta densidade e madeira. Na súa cuberta leva instalados seis metros cadrados de paneis solares, 386 células repartidas nunha ducia de paneis construídos integramente polo equipo.

“Estes paneis teñen a vantaxe con respecto aos convencionais de que teñen un baixo peso“, explicaron os responsables do equipo, indicando que foron construídos con fibra de vidro e non de vidro convencional como é habitual, polo seu menor peso. Como consecuencia das limitacións impostas polas distintas competicións europeas, a batería na que verten a potencia os paneis está limitada a 1,5 quilowatt hora (kWh), tamén construída polos alumnos da UVigo.

“Se á eficiencia hidrodinámica súmaselle a xeración solar, podemos chegar a desenvolver un prototipo de embarcación completamente independente dos combustibles fósiles, un desafío ao que nos teremos que afrontar nos próximos anos“, indicaron os seus creadores, segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI). Con respecto ás competicións deportivas ás que lles gustaría acudir, desde que se fundou a asociación o obxectivo era acudir á Energy Boat Challenge de Mónaco. “O principal problema desta competición é conseguir o financiamento necesario para chegar alí“, apuntaron.

ÚLTIMAS

O persoal de Urxencias do Álvaro Cunqueiro convoca paros diarios polo colapso do servizo

Persoal de Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo anunciou paros diarios de 15...

Caballero esixe á Xunta que resposte á proposta para financiar Balaídos e optar ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, demandou á Xunta que resposte á súa proposta...

Investigan a un octoxenario de Baiona por disparar contra unha vaca e ferir ao seu propietario

A Garda Civil investiga a un veciño de Baiona, de 81 anos de idade,...

O BNG denuncia “colapso sanitario” en Vigo e esixe reforzar a PAC de Pizarro e crear dous novos en Navia e Teis

O BNG de Vigo esixiu un reforzo para o punto de atención continuada (PAC)...