InicioEconomíaCSIF pide a Xustiza que bonifique o parking dos funcionarios do novo...

CSIF pide a Xustiza que bonifique o parking dos funcionarios do novo Rexistro Civil

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSFI) reclamou á Dirección Xeral de Xustiza que realice as xestións necesarias co parking da Praza do Rei de Vigo para que os funcionarios do novo Rexistro Civil poidan estacionar os seus coches de forma gratuíta ou, polo menos, con algún tipo de bonificación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) reclamou á Dirección Xeral de Xustiza que realice as xestións necesarias co parking da Praza do Rei de Vigo para que os funcionarios do novo Rexistro Civil poidan estacionar os seus coches de forma gratuíta ou, polo menos, con algún tipo de bonificación.

Nun comunicado, o sindicato indicou que xa formulou esta petición por escrito ante a Consellería, sen que ata o momento houbese unha resposta nin se coñeza ningunha negociación neste sentido, “a pesar de estar próximo o traslado da sede do rexistro”, situada no Casco Vello.

CSIF lembrou que estas novas instalacións atópanse nunha zona onde non se pode estacionar nin se permite a circulación de vehículos, sendo o lugar máis próximo o parking de Praza do Rei. “O persoal deste organismo debe ter as mesmas facilidades que o resto dos funcionarios de xustiza, recentemente trasladados á Cidade da Xustiza, onde si poden acceder gratuitamente ao parking correspondente“, reivindicou.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...