InicioVigo e contornaVigoVigo celebra o III Curso de Formación de inspectores de pesca liderado...

Vigo celebra o III Curso de Formación de inspectores de pesca liderado pola FAO para frear prácticas ilegais

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, a pesca ilegal supón unha "ferida" para a biodiversidade dos océanos e o porto olívico é "referente" na loita contra esta actividade non declarada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo acolle o terceiro curso de formación de inspectores de pesca liderado pola Organización das Nacionais Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) co obxectivo de frear a pesca ilegal non declarada e non reglamentada.

Precisamente este luns levouse a cabo a inauguración desta iniciativa, na que participarán durante tres semanas 16 inspectores de Costa Rica, Cuba, Ecuador, Perú, Honduras, México, Uruguai e Panamá, que coñecerán da man de expertos internacionais e dos equipos da Xunta e da Secretaría Xeral de Pesca ferramentas e prácticas que poderán aplicar nos seus países.

Tal como indicou o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, a pesca ilegal supón unha “ferida” para a biodiversidade dos océanos e o porto olívico é “referente” na loita contra esta actividade non declarada.

Así, a FAO creou dous centros de formación a nivel global para inspectores, estando un en Corea do Sur e outro precisamente en Vigo.

Botana puxo en valor a importancia do curso “para compartir toda a experiencia e aprender dos demais” xa que “só se se traballa unido, en todos os niveis de control e inspección, desde a orixe ao destino dos produtos, serase capaz de contribuír a un océano sustentable”.

Na inauguración do curso tamén estivo o conselleiro de Mar, Alfonso Villares, que reivindicou o papel de Galicia como “referente europeo e internacional” na loita contra a pesca ilegal.

El volveu a criticar o documental de National Geographic que tachaba a Vigo como o maior porto de entrada de pesca ilegal de Europa. O conselleiro puxo en valor o traballo levado a cabo en Galicia para impedir estas prácticas.

Alicia Mosteiro, a oficial de Pesca responsable da formación en FAO, dixo que o curso é unha oportunidade para “afianzar coñecementos” e para compartir prácticas desenvolvidas noutros países.

O xefe de Inspección da Secretaría Xeral de Pesca, David Poderoso, destacou a importancia de ter unha visión “holística” da pesca ilegal, á cal se deben sumar todos os estados que teñen costa para así impedir que esta mercadoría se descargue noutros países.

ÚLTIMAS

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...

O Sergas nega o colapso das Urxencias en Vigo e asegura que a atención está garantida

O Sergas saíu ao paso das denuncias do persoal e do alcalde de Vigo...