InicioPolíticaO goberno sobre o pleno extraordinario polo patrocinio de Guns 'N Roses:...

O goberno sobre o pleno extraordinario polo patrocinio de Guns ‘N Roses: “Botabamos de menos a petición”

O socialista Carlos López Font, nunhas declaracións gravadas remitidas aos medios, lembrou que o BNG xa anunciou "hai dous meses" que pediría ese pleno. "Volvemos aos tempos en que PP e BNG ían da man", concluíu.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo referiuse este xoves á petición dos grupos da oposición para que se celebre un pleno extraordinario acerca das supostas irregularidades no patrocinio errado do concerto de Guns ‘N Roses, e expresou a súa sorpresa porque “tardasen tanto tempo” en reclamar esa sesión: “Botabamos de menos esa petición”.

Así o trasladou o portavoz do goberno local, o socialista Carlos López Font, nunhas declaracións gravadas remitidas aos medios, nas que lembrou que o BNG xa anunciou “hai dous meses” que pediría ese pleno. Por outra banda, tras a rolda de prensa do portavoz nacionalista, confirmando esa solicitude e as propostas a debate (reprobación do alcalde, creación dunha comisión de investigación e comparecencia da concelleira de Contratación), Carlos López Font proclamou que “chama a atención que o BNG non teña vergoña de ser a muleta do PP, apoiando mentiras e calumnias”. “Volvemos aos tempos en que PP e BNG ían da man”, concluíu.

Sen facer referencia ás acusacións de irregularidades no patrocinio do concerto, o portavoz do goberno municipal limitouse a constatar que “a quen reprobou duramente a cidade foi a eles”, cuns resultados electorais “que lles deberon facer dimitir”, e afeou a PP e BNG que “se esquecen de dicir que o Concello non pagou nin un céntimo de recursos públicos” por ese concerto (aínda que convocou un concurso para patrocinalo con case 2 millóns de euros, que finalmente foi declarado deserto).

ÚLTIMAS

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...