InicioEconomíaAmpliada a suspensión de parte da produción en Stellantis por falta de...

Ampliada a suspensión de parte da produción en Stellantis por falta de subministracións

Ao persistir os problemas de aprovisionamento, a 'parada' esténdese ás quendas de tarde e noite deste xoves, e á quenda de mañá deste venres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A suspensión de actividade que afectou estes días a varias quendas do sistema M1 da fábrica de Stellantis en Vigo, por falta de subministracións, ampliarase a varias quendas máis, segundo informou a dirección da factoría ao persoal.

Así, a actividade nesa liña de produción (que monta os modelos Peugeot 2008, Peugeot 301 e Citroën C-Elysée) estivo parada nas quendas de tarde e noite do mércores, e na quenda de mañá deste xoves.

Ao persistir os problemas de aprovisionamento, a ‘parada’ esténdese ás quendas de tarde e noite deste xoves, e á quenda de mañá deste venres.

Desde a reincorporación ao traballo despois das vacacións de verán, o pasado 21 de agosto, rexistráronse continuas alteracións na produción debido aos problemas de subministracións. Tanto o sistema M1 como o M2 (que produce as furgonetas) viron suspendidos quendas unha decena de xornadas.

ÚLTIMAS

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...