InicioO delegado do Goberno convida aos concellos aproveitar os 80 millóns do...

O delegado do Goberno convida aos concellos aproveitar os 80 millóns do 2% Cultural para rehabilitar patrimonio

O delegado do Goberno aproveitou o seu encontro co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para lembrar o compromiso do Goberno coa localidade, que se materializa en investimentos que superan os 17 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, aproveitou este venres a súa visita ao Concello de Tui para convidar os municipios galegos a acudir á nova convocatoria de axudas do 2% Cultural do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e do Ministerio de Cultura e Deportes, que este ano verá incrementado o seu orzamento ata os 80 millóns de euros, 20 millóns máis que na anterior edición.

O delegado informou de que o prazo de solicitudes para este programa, que cofinancia actuacións de recuperación de inmobles declarados Ben de Interese Cultural (BIC), de titularidade e uso públicos, ou titularidade privada sen ánimo de lucro, pero cedidos ao uso público, estará aberto desde o próximo 1 de setembro ata o 15 de outubro de 2023. Tamén poden acceder ás axudas os bens que formen parte do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Con estes 80 millóns de euros en axudas, o Goberno prevé mobilizar investimentos 110 millóns e realizar máis de 100 actuacións en toda España. En Galicia, este programa mobilizou preto de 8 millóns de euros nos últimos anos, dos que 5,2 millóns corresponden á achega do Goberno.

Este montante investiuse en actuacións como a recuperación da Casa da Veeduría na Coruña, a consolidación da Muralla de Lugo, a mellora da praza da Catedral de Mondoñedo ou a restauración da Capela Maior da catedral de Ourense, entre outras. Tui, que xa obtivo fondos deste programa para a musealización do seu conxunto catedralicio, é un dos concellos galegos que se poderían beneficiar destas axudas.

INVESTIMENTOS EN TUI

O delegado do Goberno aproveitou o seu encontro co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para lembrar o compromiso do Goberno coa localidade, que se materializa en investimentos que superan os 17 millóns de euros.

Neste sentido, destacou os 2 millóns de euros que obtivo na última convocatoria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo financiados con cargo aos fondos do Plan de Recuperación do Goberno.

Ese plan, denominado ‘Vive a historia, descobre Tui: conexión sustentable entre patrimonio e natureza’, busca, por unha banda, a recuperación das murallas, que xogan un papel moi importante na percepción da cidade histórica e, por outra, a posta en valor da zona intramuros da cidade.

Este investimento, sumada aos 330.000 euros que recibiu o concello do Plan Nacional Turístico Xacobeo, financiados tamén con cargo aos fondos do Plan de Recuperación do Goberno, supoñen, en palabras de Pedro Blanco, “un importante impulso á imaxe turística deste concello, que tamén se ve reforzada coa conservación do seu rico patrimonio”.

A este respecto, o delegado lembrou os 1,56 millóns de euros do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos (PIREP) do Ministerio de Transportes, que permitiron mellorar a envolvente e a eficiencia enerxética do edificio multiusos da rúa Camilo José Cela e que posibilitarán tamén a recuperación do Teatro Principal.

Tamén en materia de conservación do patrimonio, neste caso o natural, o delegado puxo en valor os 230.000 euros da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a construción dunha pasarela peonil na desembocadura do río Rubio, ou os 935.000 euros que destina este ente ao proxecto de mellora da contorna, a accesibilidade e o patrimonio etnográfico do río Caselas.

Os fondos do Goberno tamén están a contribuír á dinamización cultural da localidade, apuntou Blanco, con 1,3 millóns da liña de axudas ao sector comercial de 2022 para acometer a reforma e modernización do mercado municipal e a revitalización do comercio local, unha actuación que agora se verá reforzada coa concesión doutros 724.535 euros para completar a segunda fase, que abarca a humanización da contorna do mercado e iniciativas concretas en formación, dixitalización e sensibilización para o comercio local.

No capítulo de infraestruturas, o Concello de Tui beneficiouse nos últimos anos de varias actuacións do Ministerio de Transportes por un importe superior aos 11 millóns de euros.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...

O BNG anuncia unha batería de iniciativas contra a “inxusta exclusión” de Vigo como porto nodal

O BNG anunciou este venres unha batería de iniciativas contra a "inxusta e inxustificada"...