InicioO castelo de Soutomaior volve ser a "praza forte" do PP este...

O castelo de Soutomaior volve ser a “praza forte” do PP este domingo coa presenza de Feijóo

Sete anos despois os populares volven a unha praza que se consolidou como tradición cando Rajoy, ao que se espera no acto, lideraba o PP.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, estará arroupado o vindeiro domingo no acto de arranque do curso político organizado no Castelo de Soutomaior por ‘baróns’ territoriais e destacados cargos populares, posto que as invitacións se cursaron para a plana maior da formación.

Será un inicio do novo curso atípico, co debate de investidura á vista (celebrarase os días 26 e 27 de setembro). Un escenario complexo no que Feijóo, quen por agora non suma os apoios necesarios para converterse en presidente do Goberno, volve apostar pola súa terra en busca de ‘ensinar músculo’ e escenificar unidade.

Nesta conxuntura, distintas fontes consultadas por Europa Press ratificaron que, unha vez emitidas as invitacións, son varios os ‘baróns’ que xa confirmaron a súa presenza en Soutomaior o domingo –entre eles, o presidente do PP de Castela-A Mancha, Paco Núñez; a líder do PP balear, Marga Prohens; e o murciano Fernando López Miras–. Tamén acudirá a portavoz do PP no Parlamento europeo, a catalá Dolors Montserrat.

Así mesmo, no acto está prevista a presenza do expresidente do PP Mariano Rajoy. Precisamente, foi baixo o liderado do político de Pontevedra cando o Castelo de Soutomaior adquiriu a categoría de emprazamento emblemático para o acto de arranque do curso político dos populares, convocado por primeira vez nesta localización no ano 2007.

Con todo, tras perder o PP a Deputación de Pontevedra, institución que se encarga da xestión do Castelo, os populares foron ‘exiliados’ á Carballeira de San Xusto no tamén municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Sente anos despois, coa institución en mans do popular Luís López, presidente provincial do PP de Pontevedra, os populares volven a unha praza que para eles ten unha forte carga simbólica. O anfitrión será o tamén pontevedrés Alfonso Rueda, actual líder autonómico do PP e sucesor de Feijóo como presidente da Xunta.

A INVESTIDURA, NO FOCO

Os populares confirmaron a data do acto este mércores, na mesma xornada na que a presidenta do Congreso, a socialista Francina Armengol, decidiu celebrar os días 26 e 27 de setembro o debate de investidura que terá como candidato –tras a proposta do rei Felipe VI– ao presidente do PP.

Feijóo recibiu o encargo do rei, tras a habitual rolda de consultas, e encara, segundo as posturas explicitadas ata o momento, unha investidura na que acumularía 172 apoios (os seus 137 deputados, os 33 de Vox e os dous de UPN e Coalición Canaria), o que a convertería en errada salvo que o líder popular logre novos avais no próximo mes. A data do debate de investidura elixida sitúa unha hipotética repetición electoral o 14 de xaneiro.

CRÍTICAS DE “CACIQUISMO”

O acto que os populares organizan en Soutomaior espertou as críticas da que ata hai uns meses era presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, que cualificou a súa actitude de “caciquismo”.

En redes sociais, Silva advertiu aos populares que o Castelo de Soutomaior “non é da súa propiedade” e advertiu que a utilización que lle dan vai “en contra” da ordenanza que o regula.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...