InicioVigo e contornaVigoO BNG demanda dous PAC en Vigo pola "situación límite" da Atención...

O BNG demanda dous PAC en Vigo pola “situación límite” da Atención Primaria e as Urxencias do Cunqueiro

"Esta medida é perfectamente asumible, só esixe vontade política, e sería un paso positivo para garantir o dereito a ter unha sanidade pública de calidade", sinalou o portavoz do BNG, Pérez Igrexas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG demandou novamente este xoves dous novos Puntos de Atención Continuada (PAC) en Vigo, ante a “situación límite” da Atención Primaria e das Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro.

O portavoz municipal do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, sinalou que “cando hai que esperar de media 10 días para ter cita no centro de saúde, e cando a PAC de Pizarro está saturado, a consecuencia é que a xente acode a Urxencias hospitalarias para buscar a atención médica que necesita”. Así, apuntou que o hospital vigués chegou o pasado luns á súa marca de afluencia en Urxencias, con 562 asistencias.

Xabier Pérez Igrexas culpou á Xunta desta “saturación” por ter os centros de saúde da cidade “ao bordo do abismo”, nunha das áreas sanitarias do Estado “con maior carga asistencial por profesional”.

Por iso, o portavoz do BNG reiterou a súa solicitude de dúas abrir dúas novos PAC en Vigo, nas contornas de Navia-Coia e Teis, para aliviar a presión da actual PAC de Pizarro e desconxestionar as Urxencias do Álvaro Cunqueiro.

“Esta medida é perfectamente asumible, só esixe vontade política, e sería un paso positivo para garantir o dereito a ter unha sanidade pública de calidade”, sinalou Pérez Igrexas.

Por outra banda, lembrou a falta de atención pediátrica na PAC de Pizarro e “as dificultades para ter cita este verán en moitos centros de saúde por ausencia de especialistas”.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...