InicioMedio Ambiente e PatrimonioA cidade deportiva do Celta está a ser construída nos montes comunais...

A cidade deportiva do Celta está a ser construída nos montes comunais de Mos de forma ilegal, tal e como declarou o TSXG

No centenario co Celta, Ecoloxistas en Acción insta aos seus siareiros a recuperar os valores que fixeron grande ao clube e a ir en contra deste proxecto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A chamada cidade deportiva do Celta construída nos montes comunais de Mos foi declarada unha construcción ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en sentenza firme. O TSXG dictaminou que os campos e o edificio construído en solo rústico de especial protección carecía das licencias e permisos axeitados.

Esta construcción ilegal é o eixo central do proxecto Galicia Sport 360 que a Xunta de Galicia declarou proxecto de interese autonómico (PIA). Por iso, Ecoloxistas en Acción solicita a retirada da designación de proxecto de interese autonómico ao proxecto Galicia Sport 360 por ser unha construcción ilegal na súa orixe.

Subliñan que resulta especialmente vergoñento que o Real Club Celta celebre o centenario da súa fundación, o 23 de agosto, nun recinto declarado ilegal polos tribunais de xustiza, colocando a primeira pedra do proxecto Galicia Sports 360. Algo que, para Ecoloxistas en Acción, contrasta cos valores que reivindica o club: afouteza, solidariedade e compromiso, que van ligados á súa centenaria historia.

Aseguran que a afección celtista contempla con estupor as argucias dunha directiva máis preocupada en burlar a lexislación medioambiental para dar pelotazos urbanísticos que en construir un proxecto deportivo e social sólido no que os siareiros sexan escoitados e non meros espectadores pasivos. Porén, a directiva actual do Real Club Celta segue as orientacións do capitalismo máis salvaxe, que busca beneficios a costa de privatizar o común, despoxar ás comunidades e espoliar o territorio.

“A declaración de interese autonómico ao proxecto Galicia Sport 360 evidencia o intento de burlar a acción da Xustiza, de eludir a sentenza do tribunal superior de Galicia. Hai claros indicios de prevaricación por partes da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes”, declara Xaquín Pastoriza, voceiro de Ecoloxistas en Acción Rías Baixas.

Ecoloxistas en Acción fai un chamamento aos siareiros e siareiras do Celta a unirse á veciñanza comuneira de Tameiga e ás organizacións ecoloxistas no rexeitamento a un evento que tenta ser un lavado de cara dunha desfeita ambiental e urbanística nos montes de Mos, coa cumpricidade de Xunta e Concello mosense. “A Historia, o escudo e a camiseta celeste non merecen esta aldraxe”, recalcan desde a organización ecoloxista.

ÚLTIMAS

Un acusado de ameazar a unha xuíza de Vigo di que a chamada a realizou outra persoa con intelixencia artificial

Un acusado de ameazar a unha xuíza de Vigo a través dunha chamada ao...

Caballero insiste: “Louzán ten que dicir que Vigo é sede do Mundial 2030”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este luns en que o presidente da Real Federación...

Achan na costa de Cádiz neveiras e un colector do buque que se refuxiou en Vigo tras un corremento de carga

Salvamento Marítimo coordinou durante esta fin de semana un amplo dispositivo en augas do...

OPINIÓN.- Burla verde en Samil. O greenwashing Caballero

Óscar Pazos R. Ecoloxistas de Galiza Atlántica e Verde A chamada 'Recuperación del sistema dunar...