InicioSociedadeA Audiencia ratifica a sentenza que obriga á Comunidade de Montes de...

A Audiencia ratifica a sentenza que obriga á Comunidade de Montes de Cabral a aceptar novos membros

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra ditou sentenza na que desestima o recurso de apelación interposto pola Comunidade de Montes de Cabral (Vigo) e confirma a resolución de instancia que lle obriga a aceptar a seis veciños como novos comuneiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra ditou sentenza na que desestima o recurso de apelación interposto pola Comunidade de Montes de Cabral, en Vigo, e confirma a resolución de instancia que lle obriga a aceptar a seis veciños como novos comuneiros. Na resolución, de xullo pasado, o tribunal provincial insiste en que os seis veciños cumpren os requisitos para formar parte da entidade e que realizaron a solicitude correctamente. Así mesmo, a Audiencia rexeita que o tribunal de primeira instancia (o número 6 de Vigo) non fixese unha correcta valoración da proba.

Deste xeito, a Audiencia desestima o recurso de apelación interposto pola Comunidade de Montes e, ademais de ratificar a sentenza anterior, impón as costas ao apelante. Este conflito comezou hai anos, por mor da presentación do errado proxecto de Porto Cabral, cando membros críticos coa xunta directiva do órgano comezaron a mobilizarse. Posteriormente, o enfrontamento recrudeceuse despois de que a Comunidade de Montes iniciase unha ofensiva para facerse coa titularidade de varios terreos (nalgúns dos cales hai empresas asentadas) alegando a súa propiedade desde tempos inmemoriais, e logrando que os tribunais lles desen a razón.

En marzo de 2019, nunha Asemblea Extraordinaria, denegouse a entrada de novos veciños á Comunidade de Montes. Desde entón, un grupo deles, entre os que está a presidenta da Plataforma Galega de Afectados das Comunidades de Montes, Beatriz Ucha, tentaron entrar a formar parte do organismo sen éxito. Os aspirantes recorreron á vía xudicial, tendo en conta que a Comunidade de Montes negouse a volver levar a Asemblea as súas solicitudes, alegando que non cumprían os requisitos nin presentaran as peticións de forma correcta.

En febreiro de 2022, o xulgado de primeira instancia 6 de Vigo deu a razón aos demandantes e ordenou á Xunta Directiva da Comunidade de Montes que aceptase a súa inclusión como comuneiros, pero a entidade presentou recurso de apelación, que agora foi desestimado. “Sinxelamente, non nos deixan entrar porque somos incómodos para a actual xunta reitora. A falta de democracia no seo dunha comunidade de montes da importancia como o é a de Cabral é notorio e non atenden nin aos requirimentos da administración de xustiza”, criticou Ucha.

“Fai máis dun ano, no fallo de 2022, xa se instaba á Comunidade a que nos incluíse no libro de comuneiros despois do que ocorreu en 2019, cando o presidente incitou ao non nunha asemblea que tiveron que convocar, por certo, tamén, por orde da Audiencia Provincial”, engadiu. Segundo explicaron os demandantes, esta situación afecta a moitos outros veciños desta parroquia, que non conseguen entrar na Comunidade “por non estar de acordo coa actual xunta reitora dirixida por Luís Rodríguez”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...

O BNG anuncia unha batería de iniciativas contra a “inxusta exclusión” de Vigo como porto nodal

O BNG anunciou este venres unha batería de iniciativas contra a "inxusta e inxustificada"...