InicioCulturaO concerto de Ana Mena en Castrelos reuniu miles de persoas que...

O concerto de Ana Mena en Castrelos reuniu miles de persoas que gozaron con todos os temas da artista

Precisamente o alcalde, Abel Caballero, actuou unha vez máis de teloneiro, eloxiando á moza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cantante malagueña Ana Mena fixo vibrar a Vigo na noite deste martes 15 de agosto, Día da Asunción, nun concerto ante miles de persoas entregadas onde a artista interpretou tanto cancións do seu novo disco como grandes éxitos da súa carreira.

Foi sobre as 22,00 horas cando comezou o espectáculo, enmarcado dentro do programa Vigo en Festas do Concello. Precisamente o alcalde, Abel Caballero, actuou unha vez máis de teloneiro, eloxiando á moza.

A partir de aí, a música empezou a soar, con melodías do seu álbum ‘Bellodrama’ e con cancións e colaboracións de Ana Mena como ‘A un paso de la luna’, ‘Quiero decirte’, ‘Un clásico’, ‘Ahora lloras tú’ ou ‘Ya es hora’.

Un dos temas máis esperadas foi ‘Las 12’, que a artista española comparte con Belinda e a cal o público cantou entregado. Mesmo sen música, Ana Mena pediu aos miles de asistentes que abarrotaron Castrelos que entoasen a capela o refrán.

Foi sobre as 23,30 horas cando Ana Mena interpretou a súa última canción do concerto: ‘Música ligera’, despedíndose de todos os vigueses que días antes esgotaran as entradas.

A artista malagueña agradeceu aos seus fans o entregarse durante o concerto e, visiblemente emocionada, asegurou non crerse que tantas persoas acudisen ao seu concerto na cidade.

Tras pór fin ao espectáculo, o público mantívose nas bancadas solicitando que Mena volvese, polo que cinco minutos despois a cantante saíu ao escenario con todo o seu grupo de bailaríns, entre os que estaba Exom Narcos, coñecido por acudir a Eurovisión con Chanel e o seu ‘SloMo’.

Así, cantou como ‘bis’ ‘Las 12’, baixando do escenario para estar co seu público e despedíndose cunha gran ovación.

ÚLTIMAS

Stellantis Vigo e sindicatos acordan un ERE voluntario para un máximo de 80 traballadores e un ERTE de ata 75 xornadas

Tras varias xornadas de negociacións, a dirección da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis...

As redes sociais e a súa influencia na percepción da corrupción política: unha análise do caso galego

A relación entre as redes sociais e a percepción da corrupción política é un...

A Nubeira, novo centro social en Vigo para o tecido asociativo da cidade

O Centro Social A Nubeira comezará a súa actividade este sábado 15 de febreiro....

A mellor “xogada do Celta” non foi só na remontada contra o Betis

O paso dos neofascistas seareiros do Betis deron que falar ese fin de semana...